Wiki Galirema
Advertisement

Plans xeral e específicos 2018[]

Para a xestión dos recursos costeiros de Galicia[]

Versión do post 1.5 (2018-11-20)

  • DOG 2017.246, (29/12/2017) Pág. 59405
  • ORDE do 22 de decembro de 2017 pola que se aproba o Plan xeral de explotación marisqueira para o ano 2018.
  • DOG 2017.246, (29/12/2017) Pág. 59444
  • ORDE do 22 de decembro de 2017 pola que se aproban os plans de xestión para recursos específicos en Galicia para o ano 2018.

Voltar ao indice dos plans anuais

  • As Fichas individuais dos plans de explotación do ano 2018 (ligazón ó plan do ano 2018 en pescadegalicia. com)
M01-01 2018 Por tipo de plans

caption M01-01 A2018

Resumo[]

orde-Artigo Grupo de plans Nº de plans Cadros
PX-Artigo 1. Obxecto -
PX-Artigo 2. Plans de explotación en autorizacións marisqueiras AAUT 46 PX.A
PX-Artigo 3. Plans específicos de explotación para as zonas de libre marisqueo BESP 48 PX.B
PX-Artigo 4. Zonas de libre marisqueo para o ano 2018 CLBM - PX.C
PX-Artigo 5. Crustáceos ECRU - PX.E
PX-Articulado normativo:. Desde o Artigo 6 ao 17
PX-Disposicións adicionais. (Oito disposicións)
PX-Disposicións derradeiras. (Tres disposicións)
PE-Artigo 1. Objeto
PE-Artigo 2. Percebe (Pollicipes pollicipes) DPER 36 PE.A
PE-Artigo 3. Solénidos (navaja/muergo/muergo) GSOL 24 PE.B
PE-Artigo 4. Equinodermos FEQD 18 PE.C
PE-Artigo 5. Peneira HPEN 5 PE.D
PE-Artigo 6. Algas IALG 23 PE.E
PE-Artigo 7. Anémones JANE 10 PE.F
PE-Artigo 8. Poliquetos KPOL 24 PE.G
PE-Disposicións adicionais. Catro disposicións - - -
PE-Disposicións derradeiras. Tres disposicións - - -

Voltar ao indice dos plans anuais



DOG Núm. 246 Venres, 29 de decembro de 2017 Páx. 59405

  1. Outras disposicións

Consellería do Mar

ORDE do 22 de decembro de 2017 pola que se aproba o Plan xeral de explotación marisqueira para o ano 2018.

DISPOÑO:

PX-Artigo 1[]

Obxecto

  1. Esta orde ten por obxecto aprobar o conxunto de normas e orientacións destinadas á regular e programar a extracción do marisco para o ano 2018.

  2. Tamén é obxecto desta orde regular as solicitudes e prazos para:

    1. A presentación dos plans experimentais para o ano 2018.

    2. A presentación dos plans de explotación marisqueira para o ano 2019.

  3. Os procedementos administrativos regulados nesta orde son os seguintes:

    1. Plans de explotación marisqueira para o ano 2019 (PE 403A).

    2. Plans experimentais para o ano 2018 (PE 403C).

    3. Autorización de extracción, traslado, sementeira, limpeza en plans específicos de explotación marisqueira para o ano 2018 (PE 403D).

    4. Autorización de extracción, traslado, sementeira, limpeza en plans de explotación para autorizacións ou concesións marisqueiras para o ano 2018 (PE 403E).

Voltar ó resumo

PX-Artigo 2[]

Plans de explotación en autorizacións marisqueiras

  1. Apróbanse os plans de explotación para o ano 2018, para as zonas de autorización, presentados polas entidades asociativas do sector, que se relacionan no cadro A. Os plans de explotación desenvolveranse conforme o establecido no artigo 6 desta orde e as instrucións que posteriormente se diten, de seren necesarias.
  2. A explotación das autorizacións marisqueiras para as que non se presentaron plans de explotación ou para aquelas nas que se presentaron pero non foron aprobados, rexerase polo disposto no artigo 4 para as zonas de libre marisqueo.
M07-06 Plan General 2018 AAUT por zona de costa

caption M07-06 A2018

Ir o Cadro A

Voltar ó resumo

PX-Artigo 3[]

Plans específicos de explotación para as zonas de libre marisqueo

  1. Apróbanse os plans de explotación para o ano 2018, para as zonas de libre marisqueo, presentados polas entidades asociativas do sector que se relacionan no cadro B. Os plans de explotación desenvolveranse conforme o establecido no artigo 6 desta orde e as instrucións que posteriormente se diten, de seren necesarias.
  2. A explotación das zonas para as que non se presentaron plans específicos de explotación ou para aquelas nas que se presentaron pero non foron aprobados, rexerase polo disposto no artigo 4 para as zonas de libre marisqueo.
  3. Se non existe acordo de repartición da zona de traballo entre os sectores de marisqueo a pé e desde embarcación, as zonas dos dous sectores quedarán delimitadas pola liña que une os puntos de cota mareal cero, correspondente coa liña da baixamar máxima escorada.
M07-07 Plan General 2018 BESP por zona de costa

caption M07-07 A2018

Ir o Cadro B

Voltar ó resumo

PX-Artigo 4[]

Zonas de libre marisqueo para o ano 2018

  1. Como norma xeral, autorízase a extracción de moluscos nas zonas de libre marisqueo, non suxeitas a plan específico, desde o 2 de xaneiro ao 28 de marzo e desde o 1 de outubro ao 31 de decembro.
  2. As cotas máximas de captura para as zonas de libre marisqueo na Ría de Arousa serán as recollidas no cadro C, e para o resto das zonas de libre marisqueo serán as recollidas no cadro D. As cotas máximas de captura poderán ser aumentadas ou diminuídas pola dirección xeral competente en materia de marisqueo dependendo do estado do recurso.
  3. Para traballar con rastro de vieira ou voandeira (para voandeira, zamburiña, ostra e rabioso) nas zonas de libre marisqueo remitirase a solicitude á dirección xeral competente en materia de marisqueo, cunha anticipación mínima de 10 días á data de inicio da extracción, especificando a relación de embarcacións, especie obxecto de explotación e zonas de traballo, de conformidade co disposto o artigo 155 do Decreto 15/2011, do 28 de xaneiro, polo que se regulan as artes, aparellos, útiles, equipamentos e técnicas permitidos para a extracción profesional dos recursos mariños vivos en augas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia.
  4. As zonas de traballo dos sectores de marisqueo a pé e desde embarcación nas zonas de libre marisqueo, estarán delimitadas pola liña que une os puntos de cota mareal cero, correspondente coa liña da baixamar máxima escorada.

Cadro C: zonas de libre marisqueo da ría de Arousa non sometidas a plan de explotación[]

  • Marisqueo desde embarcación. Ría de Arousa (zona III)

Cotas máximas de captura

Especies kg/tripulante enrolado e a bordo/día kg/embarcación/día
Zamburiña (Chlamys varia) VSC / Voandeira (Aequipecten opercularis) QSC 50 150
Berberecho (Cerastoderma edule) COC 15 45
Ameixa fina (Ruditapes decussatus) CTG 2 6
Ameixa babosa (Venerupis corrugata) CTS (1) 5 15
Ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum) CLJ 5 15
Ameixa rubia (Venerupis rhomboides) VNR (1) 15 45
Ameixa bicuda (Venerupis aurea) VNA 5 15
Carneiro (Venus verrucosa) VEV 5 15
Reloxo (Dosinia exoleta) DSX (2) 15 45
  1. A equivalencia, para os efectos de topes de captura, entre ameixa babosa e ameixa rubia será a indicada no cadro de equivalencias
  2. A extracción do reló de lonxitude antero-posterior estará autorizada so para individuos do rango de tallas 30-35 mm nos bancos Bohído (Xastelas), Cabío e outras zonas. A extracción noutros bancos diferentes requerirá unha autorización expresa.
  • Marisqueo desde embarcación. Ría de Arousa (zona III)

Equivalencias entre ameixa babosa e ameixa rubia

Cotas máximas de captura: kg/tripulante enrolado e a bordo/día

Ameixa babosa (Venerupis corrugata) Ameixa rubia (Venerupis rhomboides)
5 5
4,5 6
4 7
3,5 8
3 9
2,5 10
2 11
1,5 12
0,5 14
0 15

Marisqueo a pé. Ría de Arousa (zona III)

Especies Cota máxima de captura (kg/mariscador/ día)
Ameixa fina (Ruditapes decussatus) 3
Ameixa babosa (Venerupis corrugata) 5
Cadelucha (Donax trunculus) 3
Ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum) 5
Outros moluscos 15

Cadro D: zonas de libre marisqueo[]

  • Marisqueo desde embarcación

Cotas máximas de captura

Especies kg/tripulante enrolado e a bordo/día kg/embarcación/día
Zamburiña (Chlamys varia) / Voandeira (Aequipecten opercularis) 50 150
Berberecho (Cerastoderma edule) 20 60
Ameixa fina (Ruditapes decussatus) 3 9
Ameixa babosa (Venerupis corrugata) (1) 5 15
Ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum) 5 15
Ameixa rubia (Venerupis rhomboides) (1) 15 45
Reloxo (Dosinia exoleta) (2) 25 --
Carneiro (Venus verrucosa) 8 --
Ameixa bicuda (Venerupis aurea) 5 --
Cadelucha (Donax trunculus) 20 60
Ostra (Ostrea edulis)(3) 250 ud 500 ud
Outros moluscos - 30
  1. A equivalencia, para os efectos de topes de captura, entre ameixa babosa e ameixa rubia será de 1/2.
  2. A extracción do reloxo requirirá a súa autorización expresa.
  3. Para o caso da ostra, as cotas máximas están fixadas en unidades, e non en quilogramos.

Marisqueo a pé

Especies Cota máxima de captura (kg/mariscador/día)
Ameixa fina (Ruditapes decussatus) 3
Ameixa babosa (Venerupis pullastra) 5
Cadelucha (Donax trunculus) 3
Ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum) 5
Outros moluscos 15

Voltar ó resumo

PX-Artigo 5[]

Crustáceos

Os períodos autorizados no ano 2018 para a extracción das especies de crustáceos establécense no cadro E.

Cadro E: outros crustáceos[]

Especie Períodos autorizados para o ano 2018
Nécora (Necora puber) Do 1 ao 5 de xaneiro / Do 1 de xullo ao 31 de decembro
Lumbrigante (Homarus gammarus) Do 1 de xaneiro ao 31 de marzo / Do 1 de xullo ao 31 de decembro
Lagosta (Palinurus elephas) Do 1 de xaneiro ao 30 de setembro
Santiaguiño (Scyllarus arctus) Do 1 ao 5 de xaneiro / Do 1 de outubro ao 31 de decembro
Cangrexo (Carcinus maenas) Todo o ano
Conguito (Macropipus corrugatus) Todo o ano
Patulate (Macropipus depurador) Todo o ano

Voltar ó resumo

PX-Articulado normativo:[]

PX-Artigo 6[]

O desenvolvemento dos plans de explotación aprobados para o ano 2018

  1. As entidades titulares de plans de explotación aprobados dirixirán as solicitudes para o desenvolvemento da actividade ás xefaturas territoriais correspondentes da Consellería do Mar.
  2. A presentación de solicitudes realizarse de conformidade co artigo 14.
  3. Os formularios normalizados a que se refire o punto anterior correspóndense co anexo IV (PE 403E), para os plans nas autorizacións marisqueiras, e co anexo III (PE 403D), para os plans específicos en zonas de libre marisqueo.
  4. A documentación complementaria correspondese coa establecida no artigo 15.1 desta orde.
  5. As xefaturas territoriais, de acordo co previsto no plan de explotación, ditarán resolución mediante a que se autoriza ou denega a extracción, e expresarán as datas concretas da actividade e demais normas necesarias para o desenvolvemento do plan de explotación.

A falta de resolución expresa determinará a autorización presunta da actividade sempre que a solicitude se presentase cunha anticipación mínima de 15 días á data de inicio da actividade; doutra forma considerarase desestimada.

PX-Artigo 7[]

Adaptación das medidas de xestión durante o desenvolvemento do plan

  1. As medidas de xestión aprobadas poderán ser adaptadas, mediante orde da consellería, cando se produzan circunstancias de forza maior ou debidamente xustificadas que dificultan ou impidan o desenvolvemento previsto do plan de xestión. Entre estas circunstancias estarían, entre outras, os episodios de biotoxinas, a mortalidade dos recursos ou cambios imprevistos na clasificación das zonas de produción.

  2. A Consellería do Mar poderá autorizar a adaptación das medidas dos plans de xestión co obxecto de optimizar o rendemento biolóxico e económico dos bancos marisqueiros.

  3. A Consellería do Mar, coas autorizacións mensuais da actividade, poderá adaptar as medidas de xestión ás anteditas circunstancias cando exista:

    1. Solicitude motivada da entidade titular do plan de xestión avalada por informe do seu persoal técnico.

    2. Informe favorable sobre o estado dos recursos emitido polo persoal técnico da consellería.

    3. Informe favorable de servizo competente en materia de marisqueo.

PX-Artigo 8[]

Dos plans experimentais para o ano 2018

  1. A Consellería do Mar poderá aprobar plans experimentais para o uso de útiles, equipos e técnicas para o marisqueo a pé, o marisqueo desde embarcación e recursos específicos, de acordo co establecido na disposición transitoria terceira do Decreto 15/2011, do 28 de xaneiro.
  2. As entidades asociativas do sector dirixirán as súas solicitudes á dirección xeral competente en materia de marisqueo, cunha anticipación mínima de dous meses á data prevista para o inicio da actividade.
  3. A presentación de solicitudes realizarse de conformidade co artigo 14.
  4. O formulario normalizado correspóndese co anexo II (PE 403C) desta orde.
  5. A documentación complementaria correspóndese coa establecida no artigo 15.2 desta orde.

PX-Artigo 9[]

Emenda da solicitude dos plans experimentais

  1. A dirección xeral competente en materia de marisqueo, como órgano responsable da tramitación da solicitude, comprobará que reúnen todos os requisitos. En caso contrario, requiriráselles ás entidades para que, nun prazo de 10 días, remitan cantos datos, documentos complementarios e aclaracións se consideren necesarios para avaliar a solicitude do plan experimental. Se así non o fixeren, considerarase que desistiron da súa petición logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015¹², do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

  2. A documentación requirida para emenda da solicitude deberá ser presentada na forma que se determina no artigo 16.4 da Lei 39/2015¹², do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

  3. Non se aplicará o disposto no parágrafo 1 a aquelas solicitudes que non conteñan como mínimo os aspectos que se indican a continuación, que poderán ser inadmitidas, logo da correspondente resolución:

    1. Xustificación e obxectivos do plan experimental.

    2. Obxectivos de explotación.

    3. Avaliación do recurso realizada e/ou valoracións realizadas sobre o uso e as características dos útiles, equipos e técnicas para o marisqueo.

    4. Plan de extracción e comercialización.

    5. Plan financeiro.

PX-Artigo 10[]

Resolución

  1. A resolución das solicitudes presentadas correspóndelle á persoa titular da Consellería do Mar.
  2. O prazo máximo para ditar e notificar a resolución será de dous meses, contado a partir da data de entrada da solicitude no rexistro do órgano competente. Transcorrido o prazo sen resolución expresa, as persoas interesadas poderán entender desestimadas as súas solicitudes de conformidade co disposto no artigo 24.1 da Lei 39/2015¹², do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

PX-Artigo 11[]

Dos plans de explotación para o ano 2019

  1. As entidades asociativas do sector dirixirán as súas solicitudes á dirección xeral competente en materia de marisqueo antes do 1 de novembro de 2018.
  2. A presentación de solicitudes deberá realizarse de conformidade co artigo 14.
  3. O formulario normalizado a que se refire o apartado anterior correspóndese co anexo I (PE 403A) desta orde.
  4. A documentación complementaria correspondese coa establecida no artigo 15.3 desta orde.

PX-Artigo 12[]

Emenda da solicitude

  1. As xefaturas territoriais, como órganos responsables da tramitación da solicitude, comprobarán que reúnen todos os requisitos. En caso contrario, requiriráselles ás entidades para que, nun prazo de 10 días, remitan cantos datos, documentos complementarios e aclaracións se consideren necesarios para avaliar o plan. Se así non o fixeren, considerarase que desistiron da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015¹², do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

  2. A documentación requirida para emenda da solicitude deberá ser presentada na forma que se determina no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

  3. Non se aplicará o disposto no parágrafo 1 a aquelas solicitudes que non conteñan como mínimo os aspectos que se indican a continuación, que poderán ser inadmitidas, logo da correspondente resolución:

    1. Obxectivos de explotación.

    2. Avaliación do recurso.

    3. Plan de extracción e comercialización.

    4. Plan financeiro.

PX-Artigo 13[]

Aprobación

Os plans de explotación serán aprobados mediante orde da Consellería do Mar, con anterioridade ao inicio do ano.

PX-Artigo 14[]

Presentación de solicitudes

  1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365)

Artigo 15[]

Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento

  1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude de desenvolvemento do plan de explotación en zonas de autorización (anexo III) ou de plans específicos de explotación en zonas de libre marisqueo (anexo IV), os datos de explotación do mes anterior necesarios para o seguimento e xestión dos bancos, de acordo coas indicacións dos do persoal técnico da consellería responsables de informar a solicitude. Non será necesaria a achega destes datos sempre e cando estean dispoñibles na páxina de seguimento técnico habilitada para a consulta desta información.
  2. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude de plan experimental (anexo II), o plan experimental para o ano 2018.
  3. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude de plan de explotación (anexo I), o plan de explotación marisqueira para o ano 2019, para o cal se empregará o modelo que se pode consultar na páxina web da Consellería do Mar (http://mar.xunta.gal/gl/content/plans-de-xestion-e-biodiversidade).
  4. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
     

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

  1. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
  2. No caso de que algún dos documentos que vaia presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no paragrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

PX-Artigo 16[]

Notificacións

  1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
  2. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de Notificación Electrónica de Galicia-Notifica.gal dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta a disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.
  3. As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento no que se produza o acceso ao seu contido. Cando a notificación por medios electrónicos sexa de carácter obrigatorio, ou fose expresamente elixida pola persoa interesada, entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta a disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.
  4. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico practicarán a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

PX-Artigo 17[]

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación destes procedementos deberán ser realizados electrónicamente accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Voltar ó resumo

PX-Disposicións adicionais[]

Disposición adicional primeira.[]

Datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación destes procedementos, cuxo tratamento e publicación autoricen as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado «Relacións administrativas coa cidadanía e entidades» co obxecto de xestionar os presentes procedementos, así como para informar ás persoas interesadas sobre a súa tramitación. O órgano responsable deste ficheiro é Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña) ou a través dun correo electrónico a sxt.mar@xunta.gal.

Disposición adicional segunda.[]

Rastros remolcados

Os rastros remolcados definidos na sección cuarta do capítulo IV do Decreto 15/2011, do 28 de xaneiro, só poderán capturar especies acompañantes nunha porcentaxe inferior ao 10 % do peso total das especies obxectivo, sempre e cando non estean sometidas a un plan de explotación aprobado pola Consellería do Mar, cumpran os tamaños mínimos e non estean en veda.

Disposición adicional terceira.[]

Ampliación do número de embarcacións coa modalidade de marisqueo con vara

En virtude do disposto na disposición adicional terceira da Orde do 26 de outubro de 2004¹⁰, pola que se regula a alternancia de artes para embarcacións que faenen en augas da Comunidade Autónoma de Galicia, e durante a vixencia desta orde, naqueles plans de explotación nos que os datos resultantes do seguimento da explotación, a situación social do sector e os estudos sobre o estado dos recursos así o permitan, poderase incrementar o número de embarcacións coa modalidade de marisqueo con vara, sen prexuízo das limitacións e condicións establecidas para cada un dos plans de explotación.

O incremento dos/as participantes aprobados/as nos plans de explotación de marisqueo con vara realizarase segundo a Resolución da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro do 22 de outubro de 2013¹³ pola que se aproba o baremo para incrementar o número de cotas nas embarcacións que xa participan nun plan de xestión, e para acceder á modalidade de marisqueo con vara no permiso de explotación no marco dun plan de xestión.

Disposición adicional cuarta.[]

Permisos de explotación

Segundo o disposto no artigo 2.1 do Decreto 423/1993, do 17 de decembro, a extracción de marisco e a recolección de algas en augas da Comunidade Autónoma de Galicia só poderá ser exercida polas persoas e embarcacións que estean en posesión do preceptivo permiso de explotación, e non serán recoñecidas como válidas aquelas autorizacións emitidas polas propias entidades.

Disposición adicional quinta.[]

A extracción de marisco nas vésperas de festivos

Con carácter xeral, autorízase a extracción de marisco nas vésperas de festivos durante todo o ano 2018, sempre e cando o estado dos recursos o permita.

Disposición adicional sexta.[]

Extracción de mexillón silvestre

  1. Prohíbese durante todo o ano a extracción de mexillón silvestre en todo o litoral galego, agás resolución expresa da dirección xeral competente en materia de marisqueo.
  2. No marco dos plans de explotación poderá autorizarse a extracción de mexillón silvestre cando a súa proliferación provoque efectos adversos na produción marisqueira e sempre que proceda de accións de mellora, acondicionamento ou recuperación de bancos marisqueiros.

Disposición adicional sétima.[]

O emprego do mergullo nos plans de explotación

Segundo a Orde do 23 de abril de 1999, da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, pola que se regula o exercicio do mergullo profesional, modificada pola Orde do 13 de xuño de 2001, a aprobación dos plans con arte ou modalidade mergullo implica a autorización para realizar o mergullo nas zonas e períodos de vixencia daqueles, segundo as resolucións de apertura que sexan ditadas pola xefatura territorial, sen prexuízo da correspondente aprobación para efectos de seguranza, outorgada pola autoridade marítima correspondente, de acordo co establecido na Orde do 14 de outubro de 1997, do Ministerio de Fomento, que establece as normas de seguranza para o exercicio de actividades subacuáticas.

Disposición adicional oitava.[]

Zonas de extracción de poliquetos por persoas titulares de licenza de pesca marítima de recreo en superficie

Dentro do ámbito dos plans de explotación marisqueira poden considerar zonas para que as persoas titulares de licenza de pesca marítima de recreo en superficie podan capturar un máximo de 50 poliquetos/día, sen interferir coa actividade extractiva.

Na páxina web https://www.pescadegalicia.gal/gl/poliquetos publicaranse as zonas que as entidades asociativas do sector titulares de plans de explotación marisqueira, de ser o caso, reservarán para a extracción de poliquetos para pesca marítima de recreo en superficie.

Voltar ó resumo

PX-Disposicións derradeiras[]

Disposición derradeira primeira.[]

Consulta dos plans de explotación

Os plans de explotación presentados polas entidades que serviron de base para esta orde estarán dispoñibles nos servizos centrais, xefaturas territoriais correspondentes da Consellería do Mar, así como na sede das entidades responsables destes.

Disposición derradeira segunda.[]

Facultade de desenvolvemento

Autorízase á persoa titular da dirección xeral competente en materia de marisqueo para o desenvolvemento desta orde e que, co obxecto da mellora da xestión dos recursos e na procura dunha explotación sustentable destes, adopte as medidas de xestión necesarias en función do estado dos recursos e dos informes emitidos polo persoal técnico.

Disposición derradeira terceira.[]

Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2017

Rosa Mª Quintana Carballo
Conselleira do Mar

Voltar ó resumo



DOG Núm. 246 Venres, 29 de decembro de 2017 Páx. 59444

  1. Outras disposicións

Consellería do Mar

ORDE do 22 de decembro de 2017 pola que se aproban os plans de xestión para recursos específicos en Galicia para o ano 2018.

DISPOÑO:

PE-Artigo 1[]

Obxecto

Esta orde ten por obxecto aprobar os plans de xestión para recursos específicos para o ano 2018 que foron elaborados polas entidades asociativas do sector.

Voltar ó resumo

PE-Artigo 2[]

Percebe (Pollicipes pollicipes)

Apróbanse os plans de xestión para o ano 2018 para a extracción de percebe, presentados polas entidades asociativas do sector, que se relacionan no cadro A.

M07-08 Plans Especificos 2018 DPER por zona de costa

caption M07-08 A2018

Ir o Cadro A

Voltar ó resumo

PE-Artigo 3[]

Solénidos (navalla/ longueirón/ longueirón vello)

  1. Apróbanse os plans de xestión para o ano 2018, para a extracción de solénidos presentados polas entidades asociativas do sector, que se relacionan no cadro B.
  2. Cando a extracción da navalla/longueirón/longueirón vello se vaia realizar con mergullo con subministración de aire desde superficie, será necesario que as entidades titulares dos plans presenten con cada solicitude de apertura mensual, un plan de control que permita avaliar os medios e medidas empregadas para garantir o control do esforzo pesqueiro en cada momento e poñerlle límite, de ser o caso.

A autorización de apertura mensual queda supeditada á adecuación e efectividade das medidas de control propostas.

Planes Especificos 2018 GSOL por zona de costa

caption M07-10 A2018

[Ir o Cadro B

Voltar ó resumo

PE-Artigo 4[]

Equinodermos

Apróbanse os plans de xestión para o ano 2018, para a extracción de equinodermos, presentados polas entidades asociativas do sector, que se relacionan no cadro C.

Plans Especificos 2018 FEQD por zona de costa

caption M07-09 A2018

Ir o Cadro C

Voltar ó resumo

PE-Artigo 5[]

Peneira

Apróbanse os plans de xestión para o ano 2018, para a extracción de peneira, presentados polas entidades asociativas do sector, que se relacionan no cadro D.

Planes Especificos 2018 HPEN por zona de costa

caption M07-11 A2018

Ir o Cadro D

Voltar ó resumo

PE-Artigo 6[]

Algas

Apróbanse os plans de xestión para o ano 2018, para a extracción de algas, presentados polas entidades asociativas do sector e empresas, que se relacionan no cadro E.

Planes Especificos 2018 IALG por zona de costa

caption M07-12 A2018

Ir o Cadro E

Voltar ó resumo

PE-Artigo 7[]

Anémones

Apróbanse os plans de xestión para o ano 2018, para a extracción de anemones presentados polas entidades asociativas do sector, que se relacionan no cadro F.

Planes Especificos 2018 JANE por zona de costa

caption M07-13 A2018

Ir o Cadro F

Voltar ó resumo

PE-Artigo 8[]

Poliquetos

Apróbanse os plans de xestión para o ano 2018, para a extracción de poliquetos presentados polas entidades asociativas do sector, que se relacionan no cadro G.

Planes Especificos 2018 KPOL por zona de costa

caption M07-14 A2018

Ir o Cadro G

Voltar ó resumo

PE-Disposicións adicionais[]

Disposición adicional primeira.[]

Zonas de traballo dos sectores de a pé e desde embarcación

Se non existe acordo de repartición da zona de traballo entre os sectores de marisqueo a pé e desde embarcación, as zonas dos dous sectores quedarán delimitadas pola liña que une os puntos de cota mareal cero, correspondente coa liña da baixamar máxima escorada.

Disposición adicional segunda.[]

Tope de captura para o gabián (Lumbrineris impatiens)

Cando os topes de captura para o gabián ( Lumbrineris impatiens) se establezan mediante unha medida volumétrica empregando un vaso graduado, as persoas participantes do plan empregarán o mesmo tipo de medida.

Disposición adicional terceira.[]

O emprego do mergullo nos plans de xestión

Segundo a Orde do 23 de abril de 1999, pola que se regula o exercicio do mergullo profesional, modificada pola Orde do 13 de xuño de 2001, a aprobación dos plans con arte ou modalidade mergullo implica a autorización para realizar o mergullo nas zonas e períodos de vixencia daqueles, segundo as resolucións de apertura que sexan ditadas pola xefatura territorial, sen prexuízo da correspondente aprobación para efectos de seguranza, outorgada pola autoridade marítima correspondente, de acordo co establecido na Orde do 14 de outubro de 1997, do Ministerio de Fomento, que establece as normas de seguranza para o exercicio de actividades subacuáticas ou requisitos que estableza a normativa vixente.

Disposición adicional cuarta.[]

Zonas de extracción de poliquetos por titulares de licenza de pesca marítima de recreo en superficie

Dentro do ámbito dos plans de xestión de poliquetos marisqueira poden considerarse zonas para que as persoas titulares de licenza de pesca marítima de recreo en superficie podan capturar un máximo de 50 poliquetos/día, sen interferir coa actividade extractiva.

Na páxina web https://www.pescadegalicia.gal/gl/poliquetos publicaranse as zonas que as entidades asociativas do sector titulares de plans de xestión, de ser o caso, reservarán para a extracción de poliquetos para pesca marítima de recreo en superficie.

Disposición adicional quinta.[]

Planes de xestión de recursos específicos para o 2019

As persoas interesadas en desenvolver un plan de xestión de recursos específicos no 2019 deberán achegar coa solicitude, un plan de xestión para ese ano, para o cal se empregará o modelo que se pode consultar na páxina web da Consellería do Mar (http://mar.xunta.gal/gl/content/plans-de-xestion-e-biodiversidade )

Voltar ó resumo

PE-Disposicións derradeiras[]

Disposición derradeira primeira.[]

Consulta dos plans de xestión

Os plans de xestión presentados polas entidades que serviron de base para esta orde estarán dispoñibles nos servizos centrais, xefaturas territoriais correspondentes da Consellería do Mar, así como na sede das entidades responsables destes.

Disposición derradeira segunda.[]

Facultade de desenvolvemento

Autorízase a persoa titular da dirección xeral competente en materia de marisqueo para o desenvolvemento desta orde e que, co obxecto da mellora da xestión dos recursos e na procura dunha explotación sustentable destes, adopte as medidas de xestión necesarias en función do estado dos recursos e dos informes emitidos polo persoal técnico.

Disposición derradeira terceira.[]

Entrada en vigor

Esta Orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Voltar ó resumo

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2017

Rosa Mª Quintana Carballo
Conselleira do Mar

Voltar ao indice dos plans anuais


  • En castelán o plan de 2018 está completo en Galicia Mariñeira, podes navegar polas características de cada uns dous plans anuais aprobados.
Advertisement