Wiki Galirema
Advertisement

Plans xeral e específicos 2017[]

Para a xestión dos recursos costeiros de Galicia[]

Vesión del post 0.9 (2018-12-12)

  • DOG Núm. 249 Venres, 30 de decembro de 2016 Páx. 56905
  • ORDE do 23 de decembro de 2016 pola que se aproba o Plan xeral de explotación marisqueira para o ano 2017.
  • DOG Núm. 249 Venres, 30 de decembro de 2016 Páx. 56880
  • ORDE do 22 de decembro de 2016 pola que se aproban os plans de xestión para recursos específicos en Galicia para o ano 2017.
  • As Fichas individuais dos plans de explotación do ano 2017 (ligazón a os plans do ano 2017 en pescadegalicia. com)

Voltar ao indice dos plans anuais

M01-01 2017 Por tipo de plans

caption M01-01 A2017

Resumo[]

orde-Artigo Grupo de plans Nº de plans Cadros
PX-Artigo 1. Obxecto -
PX-Artigo 2. Plans de explotación en autorizacións marisqueiras AAUT 45 PX.A
PX-Artigo 3. Plans específicos de explotación para as zonas de libre marisqueo BESP 48 PX.B
PX-Artigo 4. onas de libre marisqueo para o ano 2017 CLBM - PX.C
PX-Artigo 5. Crustáceos ECRU - PX.E
PX-Articulado normativo:. Desde o Artigo 6 ao 17
PX-Disposicións adicionais. (Oito disposicións)
PX-Disposicións derradeiras. (Tres disposicións)
PE-Artigo 1. Objeto
PE-Artigo 2. Percebe (Pollicipes pollicipes) DPER 35 PE.A
PE-Artigo 3. Solénidos (navaja/muergo/muergo) GSOL 24 PE.B
PE-Artigo 4. Equinodermos FEQD 18 PE.C
PE-Artigo 5. Peneira HPEN 5 PE.D
PE-Artigo 6. Algas IALG 20 PE.E
PE-Artigo 7. Anémonas JANE 9 PE.F
PE-Artigo 8. Poliquetos KPOL 22 PE.G
PE-Disposicións adicionais. Catro disposicións - - -
PE-Disposicións derradeiras. Tres disposicións - - -

Voltar ao indice dos plans anuais



DOG Núm. 249 Venres, 30 de decembro de 2016 Páx. 56905

​III. Outras disposicións

Consellería do Mar

ORDE do 23 de decembro de 2016 pola que se aproba o Plan xeral de explotación marisqueira para o ano 2017.

DISPOÑO:

PX-Artigo 1.[]

Obxecto

​1. Esta orde ten por obxecto aprobar o conxunto de normas e orientacións destinadas á regular e programar a extracción do marisco para o ano 2017.

​2. Tamén é obxecto desta orde regular as solicitudes e prazos para:

​a) A presentación dos plans experimentais para os anos 2017.

​b) A presentación dos plans de explotación marisqueira para o ano 2018.

Voltar ó resumo

PX-Artigo 2.[]

Plans de explotación en autorizacións marisqueiras

​1. Apróbanse os plans de explotación para o ano 2017, para as zonas de autorización, presentados polas entidades asociativas do sector, que se relacionan no cadro A. Os plans de explotación desenvolveranse conforme o establecido no artigo 6 desta orde e as instrucións que posteriormente se diten, de seren necesarias.

​2. A explotación das autorizacións marisqueiras para as cales non se presentaron plans de explotación, ou para aquelas en que se presentaron pero non foron aprobados, rexerase polo disposto no artigo 4 para as zonas de libre marisqueo.

M07-06 Plan General 2017 AAUT por zona de costa

caption M07-06 A2017

Ir o Cadro A

Voltar ó resumo

PX-Artigo 3.[]

Plans específicos de explotación para as zonas de libre marisqueo

​1. Apróbanse os plans de explotación para o ano 2017, para as zonas de libre marisqueo, presentados polas entidades asociativas do sector que se relacionan no cadro B. Os plans de explotación desenvolveranse conforme o establecido no artigo 6 desta orde e as instrucións que posteriormente se diten, de seren necesarias.

​2. A explotación das zonas para as cales non se presentaron plans específicos de explotación ou para aquelas en que se presentaron pero non foron aprobados rexerase polo disposto no artigo 4 para as zonas de libre marisqueo.

​3. Se non existe acordo de repartición da zona de traballo entre os sectores de marisqueo a pé e desde embarcación, as zonas dos dous sectores quedarán delimitadas pola liña que une os puntos de cota mareal cero, correspondente coa liña da baixamar máxima escorada.

M07-07 Plan General 2017 BESP por zona de costa

caption M07-07 A2017

Ir o Cadro B

Voltar ó resumo

PX-Artigo 4.[]

Zonas de libre marisqueo para o ano 2017

​1. Como norma xeral, autorízase a extracción de moluscos nas zonas de libre marisqueo, non suxeitas a plan específico, desde o 2 de xaneiro ao 31 de marzo e desde o 2 de outubro ao 29 de decembro.

​2. As cotas máximas de captura para as zonas de libre marisqueo na ría de Arousa serán as recollidas no cadro C, e para o resto das zonas de libre marisqueo serán as recollidas no cadro D. As cotas máximas de captura poderán ser aumentadas ou diminuídas pola dirección xeral competente en materia de marisqueo dependendo do estado do recurso.

​3. Para traballar con rastro de vieira ou voandeira (para voandeira, zamburiña, ostra e rabioso) nas zonas de libre marisqueo remitirase a solicitude á dirección xeral competente en materia de marisqueo, cunha anticipación mínima de 10 días á data de inicio da extracción, especificando a relación de embarcacións, especie obxecto de explotación e zonas de traballo, de conformidade co disposto no artigo 155 do Decreto 15/2011, do 28 de xaneiro, polo que se regulan as artes, aparellos, útiles, equipamentos e técnicas permitidos para a extracción profesional dos recursos mariños vivos en augas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia.

​4. As zonas de traballo dos sectores de marisqueo a pé e desde embarcación nas zonas de libre marisqueo estarán delimitadas pola liña que une os puntos de cota mareal cero, correspondente coa liña da baixamar máxima escorada.

Cadro C: zonas de libre marisqueo da ría de Arousa non sometidas a plan de explotación[]

  • Marisqueo desde embarcación. Ría de Arousa (zona III)

Cotas máximas de captura

Especies kg/tripulante enrolado e a bordo/día kg/embarcación/día
Zamburiña (Chlamys varia) VSC / Voandeira (Aequipecten opercularis) QSC 50 150
Berberecho (Cerastoderma edule) COC 15 45
Ameixa fina (Ruditapes decussatus) CTG 2 6
Ameixa babosa (Venerupis corrugata) CTS (1) 5 15
Ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum) CLJ 5 15
Ameixa rubia (Venerupis rhomboides) VNR (1) 15 45
Ameixa bicuda (Venerupis aurea) VNA 5 15
Carneiro (Venus verrucosa) VEV 5 15
Reloxo (Dosinia exoleta) DSX (2) 15 45
  1. A equivalencia, para os efectos de topes de captura, entre ameixa babosa e ameixa rubia será a indicada no cadro de equivalencias
  2. A extracción do reló de lonxitude antero-posterior estará autorizada so para individuos do rango de tallas 30-35 mm nos bancos Bohído (Xastelas), Cabío e outras zonas. A extracción noutros bancos diferentes requerirá unha autorización expresa.
  • Marisqueo desde embarcación. Ría de Arousa (zona III)

Equivalencias entre ameixa babosa e ameixa rubia

Cotas máximas de captura: kg/tripulante enrolado e a bordo/día

Ameixa babosa (Venerupis corrugata) Ameixa rubia (Venerupis rhomboides)
5 5
4,5 6
4 7
3,5 8
3 9
2,5 10
2 11
1,5 12
0,5 14
0 15

Marisqueo a pé. Ría de Arousa (zona III)

Especies Cota máxima de captura (kg/mariscador/ día)
Ameixa fina (Ruditapes decussatus) 3
Ameixa babosa (Venerupis corrugata) 5
Cadelucha (Donax trunculus) 3
Ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum) 5
Outros moluscos 15

Voltar ó resumo

Cadro D: zonas de libre marisqueo[]

  • Marisqueo desde embarcación

Cotas máximas de captura

Especies kg/tripulante enrolado e a bordo/día kg/embarcación/día
Zamburiña (Chlamys varia) / Voandeira (Aequipecten opercularis) 50 150
Berberecho (Cerastoderma edule) 20 60
Ameixa fina (Ruditapes decussatus) 3 9
Ameixa babosa (Venerupis corrugata) (1) 5 15
Ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum) 5 15
Ameixa rubia (Venerupis rhomboides) (1) 15 45
Reloxo (Dosinia exoleta) (2) 25 --
Carneiro (Venus verrucosa) 8 --
Cadelucha (Donax trunculus) 20 60
Ostra (Ostrea edulis)(3) 250 ud 500 ud
Outros moluscos - 30
  1. A equivalencia, para os efectos de topes de captura, entre ameixa babosa e ameixa rubia será de 1/2.
  2. A extracción do reloxo requirirá a súa autorización expresa.
  3. Para o caso da ostra, as cotas máximas están fixadas en unidades, e non en quilogramos.

Marisqueo a pé

Especies Cota máxima de captura (kg/mariscador/día)
Ameixa fina (Ruditapes decussatus) 3
Ameixa babosa (Venerupis pullastra) 5
Cadelucha (Donax trunculus) 3
Ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum) 5
Outros moluscos 15

PX-Artigo 5.[]

Crustáceos

Os períodos autorizados no ano 2017 para a extracción das especies de crustáceos establécense no cadro E.

Cadro E: outros crustáceos[]

Especie Períodos autorizados para o ano 2017
Nécora (Necora puber) Do 1 ao 5 de xaneiro / Do 2 de xullo ao 30 de decembro
Lumbrigante (Homarus gammarus) Do 1 de xaneiro ao 31 de marzo / Do 2 de xullo ao 30 de decembro
Lagosta (Palinurus elephas) Do 1 de xaneiro ao 29 de setembro
Santiaguiño (Scyllarus arctus) Do 1 ao 5 de xaneiro / Do 1 de outubro ao 30 de decembro
Cangrexo (Carcinus maenas) Todo o ano
Conguito (Macropipus corrugatus) Todo o ano
Patulate (Macropipus depurador) Todo o ano

Voltar ó resumo

PX-Articulado normativo:[]

PX-Artigo 6.[]

O desenvolvemento dos plans de explotación aprobados para o ano 2017

​1. As entidades titulares de plans de explotación aprobados dirixirán as solicitudes para o desenvolvemento da actividade ás xefaturas territoriais correspondentes da Consellería do Mar.

​2. A presentación de solicitudes realizarse de conformidade co artigo 14.

​3. Os formularios normalizados a que se refire o punto anterior correspóndense co anexo IV, para os plans nas autorizacións marisqueiras, e co anexo III para o resto dos plans de explotación.

​4. Xunto coa solicitude achegaranse os datos de explotación do mes anterior necesarios para o seguimento e xestión dos bancos, de acordo coas indicacións do persoal técnico da consellería responsables de emitir informe sobre a solicitude. Non será necesaria a achega destes datos sempre e cando estean dispoñibles na páxina de seguimento técnico habilitada para a consulta desta información.

​5. As xefaturas territoriais, de acordo co previsto no plan de explotación, ditarán resolución en que se autorice ou denegue a extracción, con expresión das datas concretas da actividade e demais normas necesarias para o desenvolvemento do plan de explotación.

A falta de resolución expresa determinará a autorización presunta da actividade sempre que a solicitude se presentase cunha anticipación mínima de 15 días á data de inicio da actividade; doutra forma considerarase desestimada.

PX-Artigo 7.[]

Adaptación das medidas de xestión durante o desenvolvemento do plan

​1. As medidas de xestión aprobadas poderán ser adaptadas, mediante orde da consellería, cando se produzan circunstancias de forza maior ou debidamente xustificadas que dificultan ou impidan o desenvolvemento previsto do plan de xestión. Entre estas circunstancias estarían, entre outras, os episodios de biotoxinas, a mortalidade dos recursos ou cambios imprevistos na clasificación das zonas de produción.

​2. A Consellería do Mar poderá autorizar a adaptación das medidas dos plans de xestión co obxecto de optimizar o rendemento biolóxico e económico dos bancos marisqueiros.

​3. A Consellería do Mar, coas autorizacións mensuais da actividade, poderá adaptar as medidas de xestión ás anteditas circunstancias cando exista:

​a) Solicitude motivada da entidade titular do plan de xestión avalada por informe do seu técnico.

​b) Informe favorable sobre o estado dos recursos emitido polos persoal técnico da consellería.

​c) Informe favorable de servizo competente en materia de marisqueo.

PX-Artigo 8.[]

Dos plans experimentais para o ano 2017

​1. A Consellería do Mar poderá aprobar plans experimentais para o uso de útiles, equipos e técnicas para o marisqueo a pé, o marisqueo desde embarcación e recursos específicos, de acordo co establecido na disposición transitoria terceira do Decreto 15/2011, do 28 de xaneiro.

​2. As entidades asociativas do sector dirixirán as súas solicitudes á dirección xeral competente en materia de marisqueo, cunha anticipación mínima de dous meses á data prevista para o inicio da actividade.

​3. A presentación de solicitudes realizarse de conformidade co artigo 14.

​4. O formulario normalizado correspóndese co anexo II desta orde. Xunto co formulario debe presentarse o plan experimental.

PX-Artigo 9.[]

Emenda da solicitude dos plans experimentais

​1. A dirección xeral competente en materia de marisqueo, como órgano responsable da tramitación da solicitude, comprobará que reúne todos os requisitos. En caso contrario, requiriranse as entidades para que, nun prazo de 10 días, remitan cantos datos, documentos complementarios e aclaracións se consideren necesarios para avaliar a solicitude do plan experimental. Se así non o fixeren, considerarase que desistiron da súa petición logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

​2. A documentación requirida para emenda da solicitude deberá ser presentada na forma que se determina no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas¹².

​3. Non se aplicará o disposto no parágrafo 1 a aquelas solicitudes que non conteñan como mínimo os aspectos que se indican a continuación, que poderán ser inadmitidas, logo da correspondente resolución:

​a) Xustificación e obxectivos do plan experimental.

​b) Obxectivos de explotación.

​c) Avaliación do recurso realizada e/ou valoracións realizadas sobre o uso e as características dos útiles, equipementos e técnicas para o marisqueo.

​d) Plan de extracción e comercialización.

​e) Plan financeiro.

PX-Artigo 10.[]

Resolución

​1. A resolución das solicitudes presentadas correspóndelle á persoa titular da Consellería do Mar.

​2. O prazo máximo para ditar e notificar a resolución será de dous meses, contados a partir da data de entrada da solicitude no rexistro do órgano competente. Transcorrido o prazo sen resolución expresa, as persoas interesadas poderán entender desestimadas as súas solicitudes de conformidade co disposto no artigo 24.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas¹².

PX-Artigo 11.[]

Dos plans de explotación para o ano 2018

​1. As entidades asociativas do sector dirixirán as súas solicitudes á dirección xeral competente en materia de marisqueo antes do 1 de novembro de 2017.

​2. A presentación de solicitudes deberase realizar de conformidade co artigo 14.

​3. O formulario normalizado a que se refire o número anterior correspóndese co anexo I desta orde. Xunto co formulario debe presentarse o plan de explotación.

PX-Artigo 12.[]

Emenda da solicitude

​1. As xefaturas territoriais, como órganos responsables da tramitación da solicitude, comprobarán que reúnen todos os requisitos. En caso contrario, requiriranse as entidades para que, nun prazo de 10 días, remitan cantos datos, documentos complementarios e aclaracións se consideren necesarios para avaliar o plan. Se así non o fixeren, considerarase que desistiron da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas¹².

​2. A documentación requirida para emenda da solicitude deberá ser presentada na forma que se determina no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas¹².

​3. Non se aplicará o disposto no parágrafo 1 a aquelas solicitudes que non conteñan como mínimo os aspectos que se indican a continuación, que poderán ser inadmitidas, logo da correspondente resolución:

​a) Obxectivos de explotación.

​b) Avaliación do recurso.

​c) Plan de extracción e comercialización.

​d) Plan financeiro.

PX-Artigo 13.[]

Aprobación

Os plans de explotación serán aprobados mediante orde da Consellería do Mar con anterioridade ao inicio do ano.

PX-Artigo 14.[]

Presentación de solicitudes

​1. A presentación das solicitudes realizarase por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), de conformidade co establecido nos artigos 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas¹², e 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para presentar as solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

​2. A documentación complementaria presentarase electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 28 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas¹², e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

​3. As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.

​4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

​5. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica, por parte da persoa solicitante ou representante, supere os tamaños límite establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.

​6. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que deberán ser presentados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada.

PX-Artigo 15.[]

Notificacións

​1. As notificacións que se practiquen nos procedementos habilitados nesta orde deberán realizarse nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

​2. As notificacións practicaranse por medios electrónicos porque as persoas interesadas están obrigadas a recibilas por esta vía, de acordo co disposto no artigo 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas¹².

​3. As notificacións electrónicas realizaranse mediante a plataforma de notificación electrónica dispoñible a través da sede da Xunta de Galicia (https://notifica.xunta.gal). De acordo coa normativa vixente en materia de desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes, o sistema de notificación permitirá acreditar a data e a hora en que se produza a posta á disposición da persoa interesada do acto obxecto de notificación, así como o de acceso ao seu contido, momento a partir do cal a notificación se entenderá practicada para todos os efectos legais. Sen prexuízo do anterior, a Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia poderá remitirlles ás persoas interesadas avisos de posta á disposición das notificacións, mediante correo electrónico dirixido ás contas de correo que consten nas solicitudes para efectos de notificación.

Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada.

​4. Se transcorren dez días naturais desde a posta á disposición dunha notificación electrónica sen que se accedese ao seu contido, entenderase que a notificación foi rexeitada e terase por efectuado o trámite e continuarase o procedemento, salvo que de oficio ou por instancia da persoa destinataria se comprobe a imposibilidade técnica ou material do acceso.

​5. Se a notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, a Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia practicará a notificación polos medios previstos na normativa vixente en materia de procedemento administrativo.

​6. A notificación realizarase conforme o disposto nos artigos 40 e 41 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas¹².

PX-Artigo 16.[]

Autorizacións

As solicitudes das persoas interesadas deberán achegar os documentos ou informacións previstos nesta norma, salvo que estes xa estean en poder da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; neste caso, as persoas interesadas poderanse acoller ao establecido no artigo 53.1.d) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas¹², sempre que se faga constar a data e o órgano ou a dependencia en que foron presentados ou, se é o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa representante a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á resolución.

PX-Artigo 17.[]

Datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal³, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación autorizan as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado “Relacións administrativas coa cidadanía e entidades”, cuxo obxecto é xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro e a Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Secretaría Xeral Técnica, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Edificio Administrativo de San Caetano, San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña), ou a través do correo electrónico: sxt.mar@xunta.gal.

Voltar ó resumo

PX-Disposicións adicionais[]

Disposición adicional primeira.[]

Rastros remolcados

Os rastros remolcados definidos na sección cuarta do capítulo IV do Decreto 15/2011, do 28 de xaneiro, só poderán capturar especies acompañantes nunha porcentaxe inferior ao 10 % do peso total das especies obxectivo, sempre e cando non estean sometidas a un plan de explotación aprobado pola Consellería do Mar, cumpran os tamaños mínimos e non estean en veda.

Disposición adicional segunda.[]

Ampliación do número de embarcacións coa modalidade de marisqueo con vara

En virtude do disposto na disposición adicional terceira da Orde do 26 de outubro de 2004, pola que se regula a alternancia de artes para embarcacións que pesquen en augas da Comunidade Autónoma de Galicia¹⁰, e durante a vixencia desta orde, naqueles plans de explotación en que os datos resultantes do seguimento da explotación, a situación social do sector e os estudos sobre o estado dos recursos así o permitan, poderase incrementar o número de embarcacións coa modalidade de marisqueo con vara, sen prexuízo das limitacións e condicións establecidas para cada un dos plans de explotación.

O incremento das persoas participantes aprobadas nos plans de explotación de marisqueo con vara realizarase segundo a resolución da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro do 22 de outubro de 2013 pola que se aproba o baremo para incrementar o número de cotas nas embarcacións que xa participan nun plan de xestión, e para acceder á modalidade de marisqueo con vara no permiso de explotación no marco dun plan de xestión¹³.

Disposición adicional terceira.[]

Permisos de explotación

Segundo o disposto no artigo 2.1 do Decreto 423/1993, do 17 de decembro, a extracción de marisco e a recolección de algas en augas da Comunidade Autónoma de Galicia só poderá ser exercida polas persoas e embarcacións que estean en posesión do preceptivo permiso de explotación, e non serán recoñecidas como válidas aquelas autorizacións emitidas polas propias entidades.

Disposición adicional cuarta.[]

A extracción de marisco nas vésperas de festivos

Con carácter xeral, autorízase a extracción de marisco nas vésperas de festivos durante todo o ano 2017, sempre e cando o estado dos recursos o permita.

Disposición adicional quinta.[]

Extracción de mexillón silvestre

​1. Prohíbese durante todo o ano a extracción de mexillón silvestre en todo o litoral galego, agás resolución expresa da dirección xeral competente en materia de marisqueo.

​2. No marco dos plans de explotación poderase autorizar a extracción de mexillón silvestre cando a súa proliferación provoque efectos adversos na produción marisqueira e sempre que proceda de accións de mellora, acondicionamento ou recuperación de bancos marisqueiros.

Disposición adicional sexta.[]

O emprego do mergullo nos plans de explotación

Segundo a Orde do 23 de abril de 1999, da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, pola que se regula o exercicio do mergullo profesional, modificada pola Orde do 13 de xuño de 2001, a aprobación dos plans con arte ou modalidade mergullo implica a autorización para realizar o mergullo nas zonas e períodos de vixencia daqueles, segundo as resolucións de apertura que sexan ditadas pola xefatura territorial, sen prexuízo da correspondente aprobación para efectos de seguranza, outorgada pola autoridade marítima correspondente, de acordo co establecido na Orde do 14 de outubro de 1997, do Ministerio de Fomento, que establece as normas de seguranza para o exercicio de actividades subacuáticas.

Disposición adicional sétima.[]

Zonas de extracción de poliquetos por persoas titulares de licenza de pesca marítima de recreo en superficie

Dentro do ámbito dos plans de explotación marisqueira poden preverse zonas para que as persoas titulares de licenza de pesca marítima de recreo en superficie poidan capturar un máximo de 50 poliquetos/día sen interferir coa actividade extractiva.

Na páxina web http://www.xunta.gal/mar publicaranse as zonas que as entidades asociativas do sector titulares de plans de explotación marisqueira, de ser o caso, reservarán para a extracción de poliquetos para pesca marítima de recreo en superficie.

Voltar ó resumo

PX-Disposicións derradeiras[]

Disposición derradeira primeira.[]

Consulta dos plans de explotación

Os plans de explotación presentados polas entidades que serviron de base para esta orde estarán dispoñibles nos servizos centrais, xefaturas territoriais correspondentes da Consellería do Mar, así como na sede das entidades responsables destes.

Disposición derradeira segunda.[]

Facultade de desenvolvemento

Autorízase a persoa titular da dirección xeral competente en materia de marisqueo para o desenvolvemento desta orde e que, co obxecto da mellora da xestión dos recursos e na procura dunha explotación sustentable destes, adopte as medidas de xestión necesarias en función do estado dos recursos e dos informes emitidos polo persoal técnico.

Disposición derradeira terceira.[]

Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2016

Rosa Mª Quintana Carballo
Conselleira do Mar

Voltar ó resumo



DOG Núm. 249 Venres, 30 de decembro de 2016 Páx. 56880

​III. Outras disposicións

Consellería do Mar

ORDE do 22 de decembro de 2016 pola que se aproban os plans de xestión para recursos específicos en Galicia para o ano 2017.

DISPOÑO:

PE-Artigo 1.[]

Obxecto

Esta orde ten por obxecto aprobar os plans de xestión para recursos específicos para o ano 2017 que foron elaborados polas entidades asociativas do sector.

Voltar ó resumo

PE-Artigo 2.[]

Percebe (Pollicipes pollicipes)

Apróbanse os plans de xestión para o ano 2017 para a extracción de percebe, presentados polas entidades asociativas do sector, que se relacionan no cadro A.

M07-08 Plans Especificos 2017 DPER por zona de costa

caption M07-08 A2017

Ir o Cadro A

Voltar ó resumo

PE-Artigo 3.[]

Solénidos (navalla/longueirón/longueirón vello)

​1. Apróbanse os plans de xestión para o ano 2017, para a extracción de solénidos presentados polas entidades asociativas do sector, que se relacionan no cadro B.

​2. Cando a extracción da navalla/longueirón/longueirón vello se vaia realizar con mergullo con subministro de aire desde superficie, será necesario que as entidades titulares dos plans presenten con cada solicitude de apertura mensual, un plan de control que permita avaliar os medios e medidas empregadas para garantir o control do esforzo pesqueiro en cada momento e poñerlle límite, de ser o caso.

A autorización de apertura mensual queda supeditada á adecuación e efectividade das medidas de control propostas.

Planes Especificos 2017 GSOL por zona de costa

caption M07-10 A2017

Ir o Cadro B

Voltar ó resumo

PE-Artigo 4.[]

Equinodermos

Apróbanse os plans de xestión para o ano 2017, para a extracción de equinodermos, presentados polas entidades asociativas do sector, que se relacionan no cadro C.

Plans Especificos 2017 FEQD por zona de costa

caption M07-09 A2017

Ir o Cadro C

Voltar ó resumo

PE-Artigo 5.[]

Peneira

Apróbanse os plans de xestión para o ano 2017, para a extracción de peneira, presentados polas entidades asociativas do sector, que se relacionan no cadro D.

Planes Especificos 2017 HPEN por zona de costa

caption M07-11 A2017

Ir o Cadro D

Voltar ó resumo

PE-Artigo 6.[]

Algas

Apróbanse os plans de xestión para o ano 2017, para a extracción de algas, presentados polas entidades asociativas do sector e empresas, que se relacionan no cadro E.

Planes Especificos 2017 IALG por zona de costa

caption M07-12 A2017

Ir o Cadro E

Voltar ó resumo

PE-Artigo 7.[]

Anemones

Apróbanse os plans de xestión para o ano 2017, para a extracción de anemones presentados polas entidades asociativas do sector, que se relacionan no cadro F.

Planes Especificos 2017 JANE por zona de costa

caption M07-13 A2017

Ir o Cadro F

Voltar ó resumo

PE-Artigo 8.[]

Poliquetos

Apróbanse os plans de xestión para o ano 2017, para a extracción de poliquetos presentados polas entidades asociativas do sector, que se relacionan no cadro G.

Planes Especificos 2017 KPOL por zona de costa

caption M07-14 A2017

Ir o Cadro G

Voltar ó resumo

PE-Disposicións adicionais[]

PE-Disposición adicional primeira.[]

Zonas de traballo dos sectores de a pé e desde embarcación

Se non existe acordo de reparto da zona de traballo entre os sectores de marisqueo a pé e desde embarcación, as zonas dos dous sectores quedarán delimitadas pola liña que une os puntos de cota mareal cero, correspondente coa liña da baixamar máxima escorada.

PE-Disposición adicional segunda.[]

Tope de captura para o gabián (Lumbrineris impatiens)

Cando os topes de captura para o gabián (Lumbrineris impatiens) se establezan mediante unha medida volumétrica empregando un vaso graduado, as persoas participantes do plan empregarán o mesmo tipo de medida.

PE-Disposición adicional terceira.[]

O emprego do mergullo nos plans de xestión

Segundo a Orde do 23 de abril de 1999, pola que se regula o exercicio do mergullo profesional, modificada pola Orde do 13 de xuño de 2001, a aprobación dos plans con arte ou modalidade mergullo implica a autorización para realizar o mergullo nas zonas e períodos de vixencia daqueles, segundo as resolucións de apertura que sexan ditadas pola xefatura territorial, sen prexuízo da correspondente aprobación para os efectos de seguranza, outorgada pola autoridade marítima correspondente, de acordo co establecido na Orde do 14 de outubro de 1997, do Ministerio de Fomento, que establece as normas de seguranza para o exercicio de actividades subacuáticas ou requisitos que estableza a normativa vixente.

PE-Disposición adicional cuarta.[]

Zonas de extracción de poliquetos por titulares de licenza de pesca marítima de recreo en superficie

Dentro do ámbito dos plans de xestión de poliquetos marisqueira poden contemplarse zonas para que as persoas titulares de licenza de pesca marítima de recreo en superficie podan capturar un máximo de 50 poliquetos/día, sen interferir coa actividade extractiva.

Na páxina web http://www.xunta.gal/mar publicaranse as zonas que as entidades asociativas do sector titulares de plans de xestión marisqueira, de ser o caso, reservarán para a extracción de poliquetos para pesca marítima de recreo en superficie.

Voltar ó resumo

PE-Disposicións derradeiras[]

PE-Disposición derradeira primeira.[]

Consulta dos plans de xestión

Os plans de xestión presentados polas entidades que serviron de base para esta orde estarán dispoñibles nos servizos centrais, xefaturas territoriais correspondentes da Consellería do Mar, así como na sede das entidades responsables destes.

PE-Disposición derradeira segunda.[]

Facultade de desenvolvemento

Autorízase á persoa titular da dirección xeral competente en materia de marisqueo para o desenvolvemento desta orde e que, co obxecto da mellora da xestión dos recursos e na procura dunha explotación sostible destes, adopte as medidas de xestión necesarias en función do estado dos recursos e dos informes emitidos polo persoal técnico.

PE-Disposición derradeira terceira.[]

Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Voltar ó resumo

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2016

Rosa Mª Quintana Carballo
Conselleira do Mar

Voltar ó resumo

Voltar ao indice dos plans anuais

Advertisement